crebas.gal - crebas.gal | bitácora de Miro Villar

Example domain paragraphs

No último número, 23 7 (xaneiro, febreiro e marzo do 2023) de Grial . Revista Galega de Cultura, que desde hai días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir desde a propia páxina da Editorial Galaxia , asino na habitual sección intitulada «O espello das letras» un texto intitulado «Desde o revés do tempo e da memoria», unha recensión á antoloxía De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972 – 2022) , de Helena Villar Janeiro.

Este número 237 centra os seus contidos monográficos no autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023 baixo o título «Francisco Fernández del Riego: testemuño e compromiso», coa coordinación de Malores Villanueva , que asina o texto introdutorio coa mesa epígrafe e cos artigos «Francisco Fernández del Riego, estudante universitario», de Patricia Arias Chachero ; «A militancia política: do tempo republicano á ditadura franquista», de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel ; «Celso Emilio Ferreiro contra Francisco Fernánde

Ramón Nicolás publica unha ampla «Conversa con María Lojo» que aparece encabezada pola súa firmación «Galicia fundoume, son a súa feitura».