emigracionaguinea.museum - Inicio - Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial

Description: En Quintela de Leirado moitas persoas optaron por emigrar tomando un rumbo diferente: Guinea Ecuatorial, unha forma diferente de facer as américas

Example domain paragraphs

Pouca xente en Galicia pode dicir que non ten ningún familiar que decidise saír do seu lugar de orixe para buscar fóra unha vida mellor. Cuba, a Arxentina, Venezuela ou os Estados Unidos de América son destinos que coinciden coa maioría emigrante do país, mais en Quintela de Leirado moitas persoas optaron por tomar un rumbo diferente: África.

A Guinea ecuatorial, daquela colonia española, acolleu tanta xente deste concello que estas terras chegaron a coñecerse como o val de Fernando Poo.

No Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial transportaraste á época da emigración a este territorio a través dos vídeos de época, vídeos con relatos de testemuñas de primeira man, ademais de paneis explicativos, obxectos da época e recreacións de elementos para entender e  facerte sentir a experiencia da emigración a Guinea Ecuatorial.

Links to emigracionaguinea.museum (1)