fundacionplacidocastro.com - Fundación Plácido Castro | Fundación Plácido Castro

Example domain paragraphs

Primeiro, non era habitual no galeguismo a presenza de persoas procedentes dunha clase social moi acomodada. Segundo, no seu compromiso galeguista influíu sobranceiramente a observación e o coñecemento profundo da vida política británica, sen que iso o levara a ignorar ou desprezar o propio. Terceiro, desenvolveu, na teoría e na práctica e máis ca ninguén no seu tempo, a idea da inserción internacional de Galicia, definindo os eixes básicos dunha política exterior de vocación universalista.

Sendo moi cativo, foi enviado pola familia a estudar no Reino Unido. Na Universidade de Glasgow licenciouse en Filoloxía Inglesa. Alí recibiu unha formación moi exquisita para a época, que puido complementar coas súas viaxes polas Illas e, sobre todo, Irlanda, naquel tempo unha referencia para o movemento galeguista, onde atoparía un valioso conxunto de experiencias útiles. O contacto coa sociedade británica da época, a educación recibida e unha curiosidade innata fixeron agromar nel un amplo saber e un pro

Dúas circunstancias influíron. En primeiro lugar, a convicción de que o progreso real dos pobos pasa pola conservación e defensa da súa identidade. En segundo lugar, o contraste desas ideas con aqueles galeguistas cos que conversaba durante as súas estadías de verán en Galicia, en especial, cos irmáns Vilar Ponte, na cidade da Coruña. O convencemento de que eran os galeguistas os que mellor defendían a identidade de Galicia levouno a militar nas súas filas. Plácido prestou atención ao estudo da saudade (ins