marinasbetanzos.gal - Inicio

Description: Las Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo es una reserva de la biosfera que abarca 17 ayuntamientos de las comarcas de La Coruña, Betanzos y Terra de Melide.

Example domain paragraphs

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo abrangue un total de 116.724 ha repartidas en 17 concellos da provincia da Coruña. A súa creación ten como principal obxectivo o desenvolmento do territorio, das súas empresas e dos seus produtos, mediante marcas de calidade, recuperación de actividades tradicionais, oportunidades de emprego e formación, iniciativas turísticas, conservación dos recursos medioambientais e outros proxectos.

Dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo prestamos asesoramento a persoas emprendedoras. Se tes unha idea e precisas axuda para poñer en marcha o teu proxecto, contacta con nós. Tamén contamos con viveiros para proxectos ligados a actividades agrícolas e agroindustriais. Falamos?

Traballamos para concienciar á poboación sobre a importancia de respectar o medio ambiente e a problemática que supoñen as especies invasoras para o territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Temos diferentes liñas de traballo, por exemplo, a través do programa Life recuperamos fontes naturais e co Life Fluvial intentamos conservar e mellorar os corredores fluviais.

Links to marinasbetanzos.gal (26)