Description: Tel. 986 804 300 | [email protected] | Concello de Pontevedra, un modelo de cidade. Web oficial con información xeral e servizos para os cidadáns.
A participación do concelleiro socialista Iván Puentes na 5ª edición do Cities Forum 2023, celebrada nas espectaculares instalacións das Officine Grandi Riparazioni (OGR) de Turín, marcou unha auténtica efeméride no papel que a nosa cidade xogará a nivel internacional como referente de políticas verdes e de loita contra o cambio climático. Os encontros mantidos nestes días polo portavoz municipal do PSOE traducíronse nunha proposta en firme para que Pontevedra acolla este mesmo ano un encontro do Partnershi
A proposta plantexada por Puentes no marco deste evento bienal, que reúne aos actores urbanos claves a nivel europeo, nacional, rexional e local, comprometidos co obxectivo de acadar un futuro verde e xusto para as cidades, tivo unha moi boa acollida por parte dos coordinadores desta alianza comunitaria, Bogdan Micu e Liviu Băileșteanu, do Ministerio de Desenvolvemento, Emprego Público e Administración de Romanía, e Thomas de Béthune, responsable de Políticas Rexionais e Urbanas da DG Regio da Comisión Euro
Tal e como sinalou o socialista, "isto significaría que teriamos na nosa cidade a representantes institucionais e funcionarios das urbes e entidades que conforman o Partnership Greening Cities, e tamén con altos funcionarios da Comisión Europea, para que coñezan de primeira man o modelo de Pontevedra, a estratexia Pontevedra Flúe e toda a súa aposta polo reverdecemento e a adaptación da cidade ao cambio climático". Ademais, na súa opinión, este importante encontro "sería unha moi boa oportunidade de posicio