Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional .
Durante o curso 2022-2023 o meu alumnado tomouse moi en serio o de facer un xogo en Python. Sen librerías especiais e empregando código ASCII para as imaxes e moita imaxinación, despois de máis de 4472 liñas de código feitas entre 11 estudantes o resultado podedelo ver no seguinte xogo. Espero que o disfrutedes:
Incorporamos ao noso traballo esta proposta de incorporación da Tecnoloxía Téxtil ao currículum de tecnoloxía. Pensamos que esta tecnoloxía é a gran esquecida do noso currículum, feito inconcebible ao ser unha das industrias máis importantes do mundo e, en concreto en Galicia, unha industria do máis senlleira.