semprengalicia.blogspot.com.es - SEMPRENGALICIA

Example domain paragraphs

Escoitamos outro bocadiño de música, concretamente do Grupo AILÁ, que foi o grande intérprete na "Festa Celta" de inauguración en Can Mercader a semana pasada, e conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO , que nos resume a súa participación desta semana co información precisa relacionada coas novas incorporacións dos elexidos ás Alcaldías dos diferentes Concellos da Costa da Morte. Pódense ampliar estas novidades consultando a súa páxina quepasanacosta.gal

A seguinte comunicación é co Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS . Mantemos unha pequena conversa relacionada coas eleccións municipais, comentarios con "retranca" e desexámoslle unhas felices vacacións, xa que este é o programa que finaliza a tempada 2022-23.

E finalizamos coa intervención do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RUA , que corresponde á que nos envióu a semana pasada, pero como era Festa Major en Cornellà non puidemos emitila.

Links to semprengalicia.blogspot.com.es (1)